ANGOLA: DOS CARAS
DE LA MISMA SONRISA
ANGOLA: DOS CARAS DE LA MISMA SONRISA é unha viaxe reflexiva do autor en 2011 durante o seu voluntariado técnico de longa duración coa ONGD Jóvenes y Desarrollo (en proceso de fusión con Misiones Salesianas), onde narra un dos momentos más impactantes da súa vida lonxe da Coruña, a súa cidade natal. A través de pensamentos en forma de diario dun blog inicialmente privado, este libro comparte as súas impresións, sentimentos e opinións cunha linguaxe clara e sinxela sobre a realidade que viviu durante eses meses. Contextualiza e empatiza cada situación descrita ata facela túa para formar parte deste breve pero intenso momento vital. Viaxarás miles de kilómetros ata Luanda, capital caótica pero chea de vida. Chegarás ata un cuarto cun portátil. Alí, cando o tempo se paraba, pasaron horas escribíndose estes capítulos e que no seu momento puideron ler en Internet familiares e amigos espallados por todo o mundo.
Pintura da portada e contraportada:
© Nuria Lago
www.nurialago.com
@nuria_lago_
Fotografías de portada, textos, deseño e maquetación:
© Luis G. Corral
www.luisgcorral.com
info@luisgcorral.com
Corrección e revisión: Laura Fernández Ramón.
Textos © dos seus autores.
Fotografías © dos seus autores.
LIBRO
XA Á
VENDA
“(...) Un país con problemas pero tamén con virtudes, retos e esperanzas por sair desta situación real e inxusta. Un país cheo de persoas fortes, valentes, únicas e extraordinarias pero con contrastes sorprendentes que deixan pegadas difíciles de borrar porque simplemente non podemos. Ou non interesa borralas".
O 10% dos beneficios obtidos coa venda deste libro irán destinados a proxectos en favor da educación e o desenvolvemento da infancia e a xuventude en risco de Angola.
Por cada compra directa realizada nas cidades da Coruña e Madrid, recibirás un marcapáxinas exclusivo como agasallo. Unidades limitadas.