SOBRE MIN
Nacín na Coruña en 1977. Son Licenciado en Socioloxía e Posgrao en Márketing Social pola Universidade da Coruña e Máster en Cooperación ao Desenvolvemento pola Universidade de Santiago de Compostela.
Colaborei e colaboro con varias ONG´s (Oxfam Intermón, Fundación Jóvenes y Desarrollo, Open Arms, Fundación Diego González Rivas), ademáis de viaxar a varios países por motivos tanto personais como profesionais (Mozambique, Perú, Marruecos, Haití, Rep. Dominicana, Bolivia e Angola), onde coñecín diferentes realidades e formas de vida, analizando e tendo unha visión crítica de cada un deses lugares e de quen os habitan. Destas viaxes naceu o blog de fotografías “EsenciA de InstanteS”, disponible nesta web. Pero é Angola, sen dúbida, o lugar que me marca como experiencia, escribindo un blog privado coas miñas vivencias para despois, por pura inquietude persoal, compartilo e dar forma aos capítulos de “Angola: dos caras de la misma sonrisa”, o meu primeiro libro autopublicado.
Teño experiencia laboral e voluntaria no Terceiro Sector, en empresas de moi diferentes ámbitos e na Administración estatal e autonómica. Os meus coñecementos informáticos avanzados e en deseño gráfico leváronme a realizar e xestionar varias webs a particulares e empresas, así como redes sociais.
Entre as miñas afeccións destaca a música, cursando estudos de clarinete no Conservatorio Superior de Música da miña cidade natal, así como de gaita e percusión en varias escolas de música e tamén de maneira autodidacta. Formei parte da Coral Polifónica Follas Novas e da súa Xunta Directiva durante varios anos, así como de varios grupos musicais de diferentes estilos, entre eles Tiruleque, sendo membro fundador e percusionista dende 2002 ata 2021, publicando catro traballos discográficos e percorrendo a xeografía galega, estatal e internacional. Tamén participei en gravacións de discos e teño grande experiencia en actuacións en directo, encontros, festivais, concursos, etc.